Sr. Alcalde:
O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN referida á construción dun campo de herba sintética
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
- As persoas que practican o futbol en Barro teñen que facelo en vellos campos de terra nos que resulta difícil a práctica do deporte nunhas boas condicións.
- Nos últimos anos a Deputación construíu campos de herba sintética na maioría dos concellos da provincia, mesmo en concellos pequenos como o noso que contan con campos de herba natural, pero Barro quedou á marxe.
- Non é fácil explicarlle aos nenos e nenas que van xogar os seus partidos a outros concellos, e ven que alí teñen unhas instalacións modernas, que eles non teñen o mesmo dereito a disfrutar dunhas instalacións iguais.
- No BNG somos conscientes de que non estamos no mellor momento para facer equipamentos deste tipo, e que as prioridades de investimentos deben ser outras.
- Non obstante, estanse realizando campos modernos nos concellos que ainda non o tiñan, e o Presidente da Deputación ten anunciado a súa intención de construir novos campos de herba sintética mesmo en parroquias de concellos que xa contan con campos destas caracteristicas, mentres se sigue a discriminar os veciños e veciñas de Barro.
- En setembro de 2008 o BNG presentou unha moción no concello para solicitar da Deputación a dotación de herba sintética ao campo de futbol municipal, pero o PP votou en contra, coa desculpa de que lle costaba moitos cartos ao concello.
- Neste momento estase construindo un campo destas caracteristicas en Moraña, pagado integramente pola Deputación, polo que ao concello de Barro non ten por que costarlle diñeiro tampouco.
- Os veciños e veciñas de Barro tamén teñen dereito a contar cunhas instalacións deportivas dignas como no resto dos concellos da provincia.
Por todo o exposto, o Pleno do concello acorda aprobar a seguinte
MOCIÓN:
Solicitar da Deputación provincial a dotación de herba sintética ao campo de futbol municipal.
Barro, 20 de agosto de 2013.
Asdo: Xosé Manuel Fernández Abraldes
