A Deputación de Pontevedra destinou 7.800 euros a 9 grupos e asociacións musicais dos concellos de Pontevedra, Barro, Cotobade, Pontecaldelas, para a adquisición de instrumentos e vestiario.
Estas axudas enmárcanse no plan de subvencións dirixido a apoiar a cultura, fomentando e promovendo actividades desta índole, como as que desenvolven as numerosísimas bandas de música, grupos de gaitas, asociacións folclóricas, corais polifónicas, agrupacións de baile, pandereteiras, rondallas e outras asociacións culturais.
As entidades beneficiarias foron 4 agrupacións do concello de Pontevedra, 1 do de Barro, 3 de Cotobade, e unha de Pontecaldelas.
|
Concello
|
Entidades
|
Obxectivo
|
|
Cotobade
|
-Asociación Cultural Os Trazantes Tenorio
|
Adquisición de Vestiario
|
|
-Asociación Catro Ventos
|
||
|
-Banda de Música Unión Musicla de Tenorio
|
Adquisición de Instrumentos
|
|
|
Barro
|
-Grupo de Gaitas e Lembranzas de Barro
|
|
|
Pontecaldelas
|
-Asociación cultural Buchabade
|
|
|
Pontevedra
|
-Asociación Cultural Orquestra filharmónica Cidade de Pontevedra
-Asociación Cultural Gaiteiros Os de Algures
-Músico cultural San Martiño Salcedo
|
|
|
– Asociación Dúos Pontes
|
Adquisición de vestiario
|
Estas achegas forman parte dunha liña de axudas da Administración provincial da que se beneficiaron 135 entidades en toda a provincia, cun orzamento de 120.000 euros.
