«O alcalde debía pensar que nos tiña comprados cos avogados»

diario_pontevedra.750

Os preferentistas están escandalizados coa actitude dos cinco alcaldes do Umia. «Asinaron un papel e parece que nin ou leran, poispoñía que suspenderían a actividade plenaria ata que se arranxeisto, pero Caldas, Moraña, Barro e Portas convocaron sesións. E Caldas e Moraña, despois celebráronas a porta pechada,». SobrePortas afirmaron «este rexedor debe pensar que nos ten comprados porque nos ofreceu avogados do Concello gratis para ir á víaxudicial. O que queira que vos acepte, pero ou resto do trato taménten que cumprilo». Desvelaron que o Concello pagará as taxas xudiciais de todos os que denuncien, algo que a oposición descoñecía.

Vázquez tópase cos preferentistas no Pleno para aprobar o PXOM

Preto dunha decena de veciños con bucinas fixo tanto ruído que obrigou a suspender a sesión. O rexedor anunciou que a volverá convocar «por urxencia» e «a porta pechada, se fai falla»

A oposición quéixase do pouco tempo que concedeu o alcalde para examinar o documento e da falta de consenso Vázquez enfrontouse cos preferentistas para sacar adiante a sesión. Eles quedaron na sala por se a suspendera en falso

O alcalde de Portas Roberto Vázquez, podía imaxinarse que no Pleno extraordinario convocado para onte venres ás 14.30 horas para aprobar inicialmente o PXOM o ían chamar ‘antidemócrata’. Sobre todo porque o BNG o anunciara usando ese mesmo apelativo o día anterior, ao queixarse da pouca antelación coa que se revelou á oposición a dispoñibilidade de tan importante documento urbanístico e a convocatoria para o Pleno. Non obstante, e a xulgar polo sucedido na malograda sesión plenaria, Roberto Vázquez non se esperaba que a crítica lle chegase por partida dobre e que, uns inesperados convidados, os preferentistas de Portas, chafasen a sesión.
O Pleno arrancou con puntualidade e cun guión que parecía máis que escrito. O voceiro do BNG, Arturo Fontán, empezara a sinalar os fitos cronolóxicos da redacción deste plan que leva máis de 50 meses en mans do equipo redactor, mentres o alcalde sinalaba ao documento, contido nun cofre amarelo e dicía «imos falar do que haina caixa», para tratar de centrar o debate. A oposición quéixase de que tivo só seis días para ver o Plan, sen copias nin consultas fóra das instalacións municipais, polo que considera que pode achegar pouco e que non existe o diálogo que prometeu o rexedor nas últimas eleccións.
O debate non puido continuar porque en plena intervención do nacionalista irromperon os preferentistas, menos de dez, armados cunha gran pancarta e trompetiñas. Eran todos aforradores deste municipio.
Un voceiro encarouse co alcalde e criticouno por convocar o Pleno cando prometera, ao igual que o resto de alcaldes do Umia, que non habería actividade política ata que se solucionase este problema. Ao igual que pasou en Caldas, Moraña e Barro, os preferentistasesixiron que se suspendese a sesión. Algo ao que o alcalde se negou inicialmente.
Ante o seu intento de seguir, os manifestantes fixeron soar as súas bucinas ata enxordecer os edís. O alcalde, tras uns minutos tratando de continuar, tras pedir silencio tapándose un dos oídos e tras ordenar un desaloxo que non se produciu (en Portas non hai Policía Local e os manifestantes non abandonaron o salón de plenos pola súa vontade), optou por suspender a sesión.

Roberto Vázquez levantouse, abandonou a sala dicindo que non ía consentir ese parón e manifestando que «ou PXOM ten que aprobarse e se fai falla convocarei ou Pleno por urxencia, a portapechada,». Posteriormente, dirixiuse a un dos preferentistas para dicilo es responsable tí do que pase non Concello». Os manifestantes quedaran ante a posibilidade de que o rexedor dese a volta en canto saísen e continuase o Pleno, como fixeron recentemente outros alcaldes. Vázquez volveu máis tarde a pechar as instalacións e mantivo un último encontrón cun deles. «Quedas dentro? Déixote», preguntou o rexedor. «O que queda é persoalmunicipal», contestou o preferentista, que, tras a saída de dous traballadores municipais abandonou o couzón da porta.

roberto portas

roberto portas2

 

Deixar un comentario