Anonymous ‘hackea’ a web do Partido Popular de Pontevedra

PPPONTEVEDRA

Anonymous ataca de novo. Pero esta vez o colectivo de ciberactivistas non puxo as súas miras nos seus obxectivos tradicionais, as grandes corporacións e as institucións públicas. A súa nova vítima foi a páxina web do Partido Popular en Pontevedra. A súa páxina principal foi ‘customizada’ para recoller as principais reivindicacións deste movemento. Nesta ocasión relacionadas cos desafiuzamentos e os escraches.

“Anonymous dentro de la #OpDesahucios vuelve a la carga, Hackea y Escrachea la Web del Partido Popular de Pontevedra”. Era a curta mensaxe coa que Anonymous reivindicaba a través de Twitter este ciberataque contra a web dos populares pontevedreses, unha acción que se produciu contra as doce da mañá deste martes.

MAIS INFORMACIÓN EN:

http://pontevedraviva.com/xeral/4805/anonymous-hackea-web-partido-popular-pontevedra/?lang=gl

PPPONTEVEDRA2

 

Deixar un comentario