Panaderías e confeiterías da provincia de Pontevedra irán á folga desde o martes ao xoves da próxima semana nunha mobilización convocada polos sindicatos CIG, UGT e CC.OO. As centrais sindicais adoptaron o acordo de convocar a folga ante o fracaso das negociacións do convenio colectivo, que afecta a dous mil persoas na provincia, coa patronal. De feito, os convocantes acusaron á patronal de «mala fe» na negociación.
