II Xantar Socialista de Barro.

Información do II Xantar Socialista de Barro.

Despois do I xantar levado a cabo o ano pasado, queremos repetir  esta  xuntanza de confraternidade entre compañeir@s e veciñ@s, para falar un pouco das cousas cotidiás e tamén do proceso aberto no PSdG de cara o próximo congreso e a fase precongresual, con unhas  “primarias”    que non queda claro aínda si valerán para algo.

 Contaremos coa presencia do Secretario de Organización do Partido en Galicia, Pablo Garcia, tamén a  Exdeputada Carmen Cájide e membros da Executiva Provincial, así como algúns Secretarios Xerais e militantes  de concellos veciños.  Estamos a espera de poder contar con algún dos precandidatos a Secretaría Xeral.

A agrupación  Socialista de Barro queremos agradecerlles a todos @s

veciñ@s   de Barro o apoio que nos levan brindando e reiterarlles o noso compromiso de seguir traballando coa única misión, que non é outra que serlles útiles.

 Saúdos cordiais.


Jose Sanmartín                                                                                       Rocio Touriño
Portavoz municipal                                                                                Secretaría de Organización Agrupación de Barro.
Secretario Xeral  da Agrupación de Barro

XANTAR BUENO

Deixar un comentario