PROGRAMA DE PREVENCIÓN E REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR

O Concello de Barro vai levar a cabo un PROGRAMA DE PREVENCIÓN E REDUCIÓN DO ABANDONO omixESCOLAR coas seguintes actividades:

REFORZO EDUCATIVO: actividade dirixida ó alumnado de 3º e 4º de ESO que presente carencias educativas nas materias instrumentais realizando o correspondente reforzo educativo e ensinando as diferentes técnicas de estudo co obxectivo de superalas na convocatoria de setembro.

ESCOLA PARA ADULTOS: actividade dirixida a mozos/as de 16 a 24 anos que non teñen o título de graduado en ESO co obxectivo de acadar a mencionada titulación.

ASISTENCIA E ACTIVIDADES E EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS:

MÓDULOS ESPECÍFICOS. 3 MESES 420 H+ 160 H PRÁCTICAS.
Actividade dirixidas a mozos/as maiores de 17 anos, sen ser necesario a ESO, para poder acadar esta titulación, este será impartido no Centro Ocupacional Rafael Blanco de Caldas de Reis.

Este programa realizarase dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro. As actividades serán totalmente gratuítas. As sesións impartiranse no Biblioteca Municipal, cun máximo de 25 participantes en cada unha delas, os cales serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
A inscrición farase nas oficinas municipais, ou na oficina de información xuvenil, tamén chamando aos teléfonos do Concello de Barro (986 71 10 01), de luns a sábados, en horario de 9:00 a 15:00 horas ou ao (986 71 48 06) luns, martes, xoves e sábado de 9:00 a 14:00 mércores e venres de 16:00 a 21:00 h.
Poderase consultar o programa das actividades durante este período na páxina web do Concello de Barro: www.barro.es

Deixar un comentario