O circuíto de Carballido, en Alfoz, comeza a ser territorio familiar para as principais figuras do supercrós
galego. O concurso autonómico volveu por segundo ano consecutivo á pista mariñá, onde un bo número de espectadores foron testemuñas dunha proba á que non lle faltou emoción nin vistosidade e organizada polo Motoclube Enduouro. O público gozou sobre todo coa carreira realizada polo piloto local Juan Nécega, do club organizador, que foi o vencedor na categoría de afeccionados. O seu compañeiro Antón Fernández foi sétimo en séniores, mentres que o tamén mariñán Santiago Cancio e Julio López, do Occidente astur, deron a talla competindo por libre.
Alevíns: 1.º Nicolás Otero (Pontevedra); 2.º José Canosa (A Coruña); 3.º Anxo Lois Cabrero (A Coruña).
Promesas: 1.º Pablo Soto (Pontevedra); 2.º Iago Martínez (Pontevedra); 3.º Christian Laíño (A Coruña).
Afeccionados: 1.Juan Nécega (Motoclube Enduouro); 2.ª Silvia Rivas (Barro,Pontevedra), 3.º Alejo Muras (Pontevedra).
Veteranos: 1.º Antonio Martínez (Pontevedra); 2.º Santiago Giance (A Coruña); 3.º José M. García (A Coruña).
Júniores: 1.º Rubén Fernández (Pontevedra); 2.º Sergio Fernández (Pontevedra); 3.º Jorge Paradelo (Ourense).
Séniores: 1.º Juan C. Fernández (A Coruña); 2.º Borja Llosa (Ourense); 3.º Ovidio Díaz (Ourense).
