A Policía Local de Marín localizou en viales de Ou Pituco e A Cañota dous vehículos que foran roubados en
Barro e Santiago de Compostela, respectivamente. O automóbil subtraído en Barro é un Skoda Octavia e foi roubado nunha vivenda á que os ladróns accederon o pasado día 17. O vehículo abandonado en Ou Pituco levantou sospeitas entre os veciños porque estaba aberto e levaba varios días parado no mesmo sitio, con aspecto de ser abandonado.
Tamén no caso do coche subtraído en Santiago de Compostela levaba varios días abandonado nun vial da Cañota. Neste caso trátase dun Rover, cuxa desaparición foi denunciada polos seus propietarios na capital galega.
