Canoísta acelerado

Nacín o 7 de decembro de 1992. En Portugal foi o meu bautismo no Campionato de Europa de pista formando parte do C-2 con André Oliveira. Rematei na sexta posición. Agora as esixencias son máximas.

Cando comecei a interesarme polo piragüismo? -O meu primeiro contacto co piragüismo foi con 16 anos. Ata ese momento estaba a xogar ao fútbol, nas categorías base do Barro CF, pero empezábame a aburrir. Un día paseando polo río Lérez fixeime nuns piragüistas, que estaban a adestrar, e entroume a curiosidade por saber como sería ese deporte. Nunca me entusiasmara o piragüismo. Sabía de sobra do efecto David Cal polas súas medallas olímpicas e por todo o que significa para o piragüismo galego, pero pouco máis. Formuleime ao momento meterme en canoa.

Porqué elixín a modalidade da canoa? -Escollín a modalidade de canoa case polo efecto de David Cal. Parece que me entusiasma máis, xa non quixen saber nada de kaiak.

Só me centro na distancia dos douscentos metros? -Non me entusiasma a distancia de 1.000 metros, e a de 500 non é olímpica, co que inclino as miñas preferencias sobre o 200, porque é a velocidade pura, e creo que nese sentido a miña explosividade sobre a canoa se pode ver ben reflectida no dobre hectómetro.

Dende cando estou militando no Club Piragüismo Poio? -No club de Poio levo dende marzo de 2012 e a evolución está a ser destacada porque xa se reflicte na miña participación no Campionato de Europa.

Como xorde a posibilidade de facer parella con André Oliveira? -Na Copa de España de 200 celebrada este ano despois de competer, e sen facer uns grandes resultados (fun quinto na final deC-1) recibín unha chamada do Club Náutico Firrete de Pontedeumeporque estaban a buscar parella para André Oliveira, para un C-2. A dirección técnica do club observárame e tiña boas conclusións. Formuláronme ir con el e aceptei de inmediato, e máis cando Oliveira estaba interesado en acudir ao control de Trasona con intención de coller billete para o Campionato de Europa.

Que ía dicir ante tal proposta? A por todas. Adestramos tres días, nada máis. O resultado foi incrible: primeiros clasificados e billete para o Europeo de Portugal. Como dato a preparación para o Europeo foi de oito adestramentos, nin un máis nin un menos. Sabía de sobra que André Oliveira ten nivel e había moitas garantías, pero eu non tiña experiencia.

Como foi a final de Portugal? -Foi unha final interesante. Eu estaba máis que nervioso, me vía na saída dunha final europea por primeira vez; como me ía sentir! André transmitiume tranquilidade. Saímos ben. Estaban a parella rusa e a bielorrusa, que eran os favoritos para as medallas, pero metémonos no grupo de cabeza. Ata os cen metros creo que mesmo chegamos a ser terceiros, momentaneamente. Faltando uns cincuenta metros vimos complicado o bronce e loitamos pola cuarta praza pero fixéronseme eternos e rematamos sextos. Acusamos moito o esforzo nos cincuenta metros finais da proba e pagámolo, pero para min é unha clasificación impresionante.

Que futuro teño co padexeiro do Club Náutico Firrete? –Esta tempada imos seguir facendo parella en citas nacionais, non sei o que pode pasar para a próxima campaña. A min persoalmente gustaríame seguir facendo un C-2 con André Oliveira, creo que hai moita conexión e podemos facer grandes cousas.

Que retos me marco no que resta de tempada? -No club de Poio céntrome no C-1 e no C-2 co meu compañeiro Jacobo Lores Romay. Agora o reto é o Campionato Galego e clasificarse entre os tres primeiros da modalidade de C-1, de 200 metros, do Campionato de España de pista para ter billete para o Mundial de piragüismo pero para formar parte da modalidade de relevos.

O reto estará en ser campión de España de C-1? -Vou pouco a pouco, traballando con esixencia todos os días e sen obsesionarme con ser futuro campión de España. Non hai que precipitarse, xa irán saíndo as cousas.

adrian sieiro

Deixar un comentario