A actividade volve ser plena no albergue de Barro

Tras unha serie de reformas, o local na parroquia da Portela acondicionado como albergue reactivou o pasado fin de semana a súa actividade. O centro conta con 17 prazas para os peregrinos que prefiran descansar ao seu paso por Barro. A casa encóntrase na Cancela, xunto á igrexa de San Mamede, e o custo por noite é de seis euros, como no resto de albergues oficiais.

albergue-de-barro-portela-novas de barro

Deixar un comentario