Son veciña da Portela, casualmente esta tarde nunha conversa con outros veciños da parroquia comentaronme que o presidente da Comunidade de Montes organizou unha comida para uns peregrinos moi singulares. Ao parecer un grupo de banqueiros colegas seus que se hospedan en Pontevedra e se achegaron nun microbús e nun mega BMW á casa que teoricamente é de todos os veciños e só disfrutan uns poucos.
Non me parece normal o que fai este señor, que gaste deste xeito o diñeiro de todos os veciños con este tipo de xente e o peor e que os veciños o consentimos, creo que este caciquismo debe rematar.
Achégovos unhas fotos do microbús e do BMW e por certo o asador oficial era Manuel un dos habituais na lista electoral do PP deBarro e da diretiva da comunidade.
Por adiantado Moitas grazas por publicar esta nota, seguir así facendo este bo traballo de información local e por favor non o deixedes.
