Concellos do Umia estudan a creación dun servizo antiincendios

Os concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas estudan a creación dun servizo antiicendios para este verán. A iniciativa está sobre a mesa e á espera da decisión que adopten os concellos de Valga e Pontecesures, xa que se prestaría a través da Mancomunidade Ulla -Umia. Catoira quedaría á marxe.

A idea é formar unha ou dúas cuadrillas por municipio para a prevención de incendios durante os meses de xullo, agosto e setembro. Se se concreta, serían 9 persoas por localidade e 54 contratos en total. Varios rexedores consultados onte por La Voz confirmaron que se está xestionando a posibilidade de impulsar o servizo, para o que sería necesario ademais dos fondos que achegarían os concellos a través da Mancomunidade unha subvención da Xunta. Polo momento, evitaron dar cifras do custo que tería o proxecto. A cuestión abordouse onte no transcurso dunha reunión celebrada en Caldas para pechar un programa de reforzo para combater o abandono escolar. Trátase dunha iniciativa dirixida a alumnos de 3º e 4º cursos de ESO e a adultos maiores de 16 anos que queiran sacarse o graduado. É gratuíta e está pensada para familias con escasos recursos. A idea é que arrinque o 26 de xuño, con 25 alumnos por municipio, e está subvencionado pola Xunta. Neste caso participan Caldas, Moraña, Portas e Barro.

landin

 

Deixar un comentario