Rogos e preguntas.

  1. Dende o partido socialista queríamos saber como se están a levar a cabo a realización das festas e os seus actos, tamén saber si os despacho da alcaldia o sigue usando o Alcalde ou taménpoden usalo todos os heredeiros lexítimos. A Nosa proposta despois desta segunda chamada de atención por varios señores que non son funcionarios nin membro do goberno, sería que regulasen o uso do material e instalaccións do concello. Respecto a o tema da organización das festas, propoñemos para anos vindeiros a creación dunha comisión de festas para encargarse do que é a parte musical propiamente dita.
  2. Dende a zona de Agudelo e Valiñas solicitannos que o Concello limpie as pistas da parcelaria que están cheas de maleza e non se pode aceder as fincas. Tamén comentar que a maleza invade moitas estradas locais e algunhas provinciais coma a que vai dende o San Amaro ata a Cancela , por onde discurre o Camiño de Santiago. Rogámoslle que traslade a Deputación o estado de dito vial. Tamén pedimos unha actuación urxente no camiño de Santiago e que se prohiba dunha forma definitiva o paso de camións “amigos” por ese vial.
  3. No lugar da  Magdalena , solicitan que se poñan uns quitamedos no entronque do vial entre  o lugar de concello e a estrada provincial na Magdalena e tamén noutras zonas nas de dita estrada que ten habido accidentes e saídas de via. Solicitar a Deputación tamén uns badens tipo policia deitado, para frear a velocidade dos coches, nesa zona de excesiva pendente.
  4. Dende Curro trasládannos unha queixa moi importante , que ten que ver co medioambente. Na zona de Bretoña de abaixo, na parte de atrás de Currás ó lado da autopista,  están vertendo con bastante asiduidade vertidos das fosas sépticas coa conseguinte contaminación dos manantiais. Os veciños están considerando a posibilidade de poñer denuncia ó Seprona. Dado que o Concello ten un gran problema pola  falta de servicio de Saneamento, solicitamos que considere a posibilidade poñer en funcionamento un servicio de recollida e vertido en xestor autorizado.

5.Os veciños de  Valvón, solicitan sinais informativos de dirección como xa pedimos en outro pleno anterior. Tamén indicamos no seu momento que se podería tamén poñer coa dirección do Tanatorio, etc.

6.Queremos  saber as novidades ou conversas  si hai, coa empresa organizadora do mercadillo para a liquidación da débeda e rescisión do contrato como figuraba en unha acta anterior da xunta de goberno.

7.A capela que está na finca do pazo da Crega, queríamos informar e preguntar porque ten a porta aberta aínda que teña unha rexa.

8.Uns veciños da Portela pregúntanos cal é a posición do concello con respeto a casa do monte, e tamén se ve peligrar o estado de dita edificación por motivos que xa se conocen, como o de estar feita sen permiso e con certos problemas de legalidade, íncluso de saber si parte do terreno lles corresponde. Solicitamos que o Concello vele polo interés xeral e faga todo o posible dentro da legalidade por non ter que acabar derribando unha obra feita cos cartos de todos os veciños.

9.Dende A Portela chegannos tamén queixa de que están a vivir tempos ben complicados con denuncia entre uns e outros veciños, por temas urbanísticos, algúns de certa gravedade e outros simples, pero tamén ilegalidades desas do “ vai facendo”. A comunidade de Montes da Portela empezou unha serie de denuncias con veciños, e despois uns veciños denuncian a membros da directiva e o concello denuncia a membros do grupo de veciños enfrentados coa comunidade, e o final en rio revolto ganancia de pescadores, que se chaman avogados e notarios. Pido que o concello dunha forma neutral tome cartas no asunto e tente mediar entre os afectados, xa que todos somos da parroquia e temos que seguir vivindo nela e sería moi triste no poder mirarnos os ollos entre veciños.

10.Por último e relacionado con este asunto a miña pregunta é saber o criterio que se sigue para levar asuntos as comisións de goberno, e por qué se atrasan algunha concesión de licencia que no ten motivo xustificado, e tamén por qué hai demandas presentadas contra uns veciños e si se paralizan e levan a dita comisión e outras que tamén están presentadas no rexistro nin aparecen. Díganos, hai algún motivo polo que certos asuntos que afectan a algún amigo ou membro da corporación non se levan a esa comisión, para que dictamine.

11.Por último agradecer que por fin se reparasen as pistas afectadas polo AVE nas zonas de valbón e A Portela.

PLENO

2 thoughts on “Rogos e preguntas.

  1. Queria dexar unha quexa poa suspension do servcio de autbuses sin previo aviso nin sen xustificacion apropiada polas paroquias de Valiñas Agudelo e mais a Portela o axuntamento non se preocupou de nada . e certo que non tiña muitos pasaxeiros pero era un servicio publico que leveva muitos anos facendo ese servicio e que deixa incomunicados a eas paroquias

  2. Tomaremos nota desto e tamén o preguntaremos no seguinte pleno e informaremonos na empresa que facía o recorrido. Se non temos respostas levaremos este tema a Xunta de Galicia, que é a que ten estas competencias.
    Saúdos.

Deixar un comentario