José Sanmartín Soto e Margarita Canai Pintos integrantes do Grupo Municipal
Socialista no concello de Barro, e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:
Dende a agrupación Socialista de Barro queremos poñer en coñecemento do concello de Barro, unha situación de desamparo veciñal e de non saber a quen dirixirse a hora de solucionar problemas como o de atoparnos un coche que está entorpecendo a entrada e saída dos garaxes. Esta situación que se ten dado xa en varias ocasións no centro do San Antoniño, ten que facernos reflexionar e pensar que os veciños non teñen por qué sufrir os despistes ou erros de quen non se da conta onde deixa o coche.
Despois de que xa houbo multidude de casos que xa se teñen denunciado, pedimos por parte do concello que se tomen varias medidas urxentes.
Solicitamos:
1º Sacar unha normativa de Vados.
2º Facer un convenio coa Garda Civil ou mesmo Concellos da zona de influencia que teñan o servizo de policia local e grúa.
3º Diante destes casos de emergencia, facer un convenio de colaboración con algunha empresa de grúas, para poder retirar o vehículo dunha forma inmediata.
4º Dado que moitos destes casos son despistes , solicitamos pintar as entradas dos garaxes.
José Sanmartín Soto
S.xeral e Portavoz municipal PSOE Barro.