O grupo municipal do BNG en Barro solicita ao goberno municipal e ao resto da corporación que “apoien” as “medidas de presión para defender aos afectados polas entidades bancarias a través de produtos lixo como as participacións preferentes e subordinadas”. En concreto o portavoz nacionalista, Xosé Manuel Fernández Abraldes, pediu “solidariedade” de todos os grupos políticos porque “a maioría” de quen se ven nesta situación “son pequenos ahorradores que ven como o diñeiro froito de anos de traballo está agora inmobilizado”

