Galiza Nova realiza un acto con motivo do día das Letras Galegas, onde se farán entrega os premios do I concurso literario LETRAS NOVAS. No acto estará tamén Teresa Moure, escritora e profesora de lingüísica na USC, quen dará a súa visión da lingua nunha conferencia que leva o título de A língua na encrucilhada.
O acto será o sábado 18 de maio ás 20:30, no auditorio de Caldas de Reis.
