Toneladas de alimentos ao son da festa

diario_pontevedra.750
A macroverbena solidaria organizada polos comuneros en colaboración cunha empresa de espectáculos repartiu unhas 1.000 racións de paella. Onte entregáronse os alimentos en Cáritas
 
A verbena solidaria de Curro foi todo un éxito. Así o confirmou onte o presidente da Comunidade de Montes, Miguel Maquieira, logo de realizar a entrega de alimentos na sé de Cáritas en Pontevedra, onde recibiron o agradecimiento da presidenta local.
 
Segundo os cálculos do responsable dos comuneros, reuníronse preto de dúas toneladas de alimentos non perecederos aportados polos veciños e entidades comerciais de Barro. Malia que se organizou con pouco tempo de antelación e de que o frío non permitiu aos asistentes gozar todo o que quixesen da verbena na que participaron cinco orquestas da empresa Galicia Espectáculos, o nivel de colaboración dos por asociacións locais e, en xeral, dos veciños, compensou con fartura estas dificultades.
Os organizadores repartiron case a totalidade das 1.000 racións de paella preparadas para animar aos visitantes a gozar da festa e consideran que o obxectivo da convocatoria cubriuse sen dificultade.
 
Entre as entidades colaboradoras, estiveron a asociación A  Barosa, Terras de Curro, Acebarro, Protección Civil de Barro e de Portas. A Comunidade de Montes de Curro ten previstas outras actuacións, como a creación de postos de traballo para veciños a través de brigadas de limpeza do monte.
CURRO
montescurro1
 
montescurro2
montescurro3

Deixar un comentario