Os municipios gastan ao ano unha media de 13 euros por veciño en pagar a factura da luz

faro de vigo

O gasto medio na factura da luz que rexistran os municipios da provincia alcanza unha media de 13 euros por habitanteconcello de barro e ano, o que supón o 7% dos gastos correntes totais, unha porcentaxe que se eleva ao 21% para os concellos de menos de 5.000 habitantes, como é o caso de Barro, Campo Lameiro, Cotobade, Cuntis, A Lama, Moraña e Portas, que deben facer fronte a un menor orzamento para gastos en bens e servizos para atender unha ampla rede de iluminación pública. Esta situación xa levou a algún concello a reducir o periodo, intensidade ou sistema de alumado.

Precisamente a iluminación viaria é a que supón a maior parte da factura da luz, que chega ao 70% nos municipios de 5.000 a 2.000 habitantes, segundo datos do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Esta factura, que a Diputación non dubidou de cualificar de “esaxerada” para os concellos, levou á institución a organizar para o vindeiro xoves unhas xornadas técnicas sobre “enerxía e sostenibilidad” na que se darán cita representantes das administracións, empresas dedicadas ao aforro energético e compañías suministradoras e comercializadoras de enerxía para “intercambiar ideas, propostas e experiencias” co fin de rebaixar no posible eses gastos.

As xornadas servirán para poñer sobre a mesa unha análise da situación actual, así como fórmulas posibles que poidan aplicar os municipios, entre as que figuran solucións tecnolóxicas de produción e consumo, actuacións en deseño arquitectónico e urbanístico que permitan aforro e eficiencia e outras medidas.

Neste debate tamén se inclúen as queixas que desde fai meses formula a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) contra as facturaciones que presentan as empresas, que se consideran cando menos erróneas en numerosos casos.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/05/06/municipios-gastan-ano-media-13-euros-vecino-pagar-factura-luz/804850.html

Deixar un comentario