O IES de Barro é o que máis premios recibiu nas 19 edicións do concurso de adhesivos pola normalización lingüística que organiza a Mesa pola Normalización do Salnés. O IES de Barro acolleu a entrega de premios desta XIX edición e a inauguración dunha mostra cos mellores adhesivos ideados neste tempo.
