A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Pontevedra para Poio e Barro convoca un encerro de protesta contra a LOMCE que terá lugar o venres entre as 19 e as 00 horas. O que en principio era unha convocatoria cinguida aos pais de Poio e Barro amplíase a todas as asociacións da provincia e faise un chamamento aos pais dos colexios e institutos de Pontevedra a que se sumen á protesta.
