A agrupación Socialista de Barro, quere solidarizarse con todos os
empresarios hosteleiros que nestes dias sufriron roubos, intentos de roubo e mesmo disparo de arma de fogo nalgún dos casos
Dende o PSOE de Barro tamén queremos apoiar as medidas que vai poñer en marcha a Asociación de comerciantes ACEBARRO, nas que pide prudencia os empresarios polas noites o pechar, ó tempo que están traballando en convenios con empresas aseguradoras, de vixilancia , alarmas e cámaras. Tamén compartimos con eles a idea de reunirse coas autoridades competentes e doblar esforzos para poder ter mais control policial na zona.
Dun tempo para aquí os diversos gobernos veñen reducindo efectivos nos cuarteis coma no de Caldas, zona a cal pertencemos, e debido a esto, as patrullas que antes se vían polo concello, ágora quedan prácticamente reducidas a presencia de patrullas de tráfico con outras misión mais recaudatorias, aínda así recoñecendo tamén a sua labor de control das carreteras.
E tamén queremos facer unha mención especial a outro tipo controis que nos últimos tempos están aumentando a sua presencia nos establecementos hosteleiros de Barro: Nos referimos ó departamento da Garda Civil FISCAL, que están visitando os negocios de hostelería para solictarlles licencias e ver si todo está en regla. por certo e nalgúns casos con formas pouco apropiadas e rozando o exceso de autoridade , entrando con armas en man e cos locales cheos de xente. A esta última queremos referirnos , o ver que hai mais control sobre a xente que ten os negocios e paga os seus impostos , que sobre os amigos do alleo.
Aproveitamos este medio para solicitarlles tanto o goberno local, coma a subdelegación do goberno redoblar a seguridade, sabedores de que contra os delincuentes todos os esforzos son poucos.
Barro a 19 de abril de 2013
Jose Sanmartín
S.xeral e Portavoz municipal PSOE Barro.