Landín anima a preferentistas e posibles desafiuzados a pedir axuda ao Concello

diario_pontevedra.750

A Corporación de Barro aprobou, no Pleno celebrado o pasado luns, dúaspromesas-de-landin mocións relativas á necesidade de apoio do Concello que poden estar a padecer dous sectores especialmente sensibles da sociedade: os afectados polos desafiuzamentos e os compradores de participacións preferentes na banca.

Os dous textos foron presentados polo BNG, pero os referendaron as tres agrupacións políticas e onte mesmo o alcalde, José Antonio Landín, explicou que “estamos trabajando en el asunto”, en referencia á petición de xestión de apoio xurídico para os posibles afectados por desaloxos de pisos.

O texto do BNG explica que, por mor da decisión do Concello de Pontevedra de asinar un acordo de colaboración co Colexio de Avogados para prestar apoio xurídico gratuíto ás familias, púidose constatar no municipio veciño que unha parte significativa das consultas proceden de Barro. Ante esta realidade, sostén o Bloque, é preciso reaccionar ofrecendo axuda aos veciños, posto que en Pontevedra, ao non estar empadroados, non se pode prestar ese servizo aos veciños de Barro.

A proposta aprobada é a de asinar un convenio co Colexio de Avogados para o asesoriamiento e a defensa dos veciños afectados por procesos de desafiuzamento iniciados por mor da crise.

Similar. O alcalde indicou que xa se iniciou o proceso para falar cos avogados e lograr un convenio de axuda similar ao de Pontevedra.

A pesar de que en Pontevedra si se detectaron casos de Barro, no municipio ningún dos tres partidos sabe quen ou cantos son os afectados. “Son asuntos moi sensibles, este é un lugar pequeno, no que a xente ten medo ou vergoña ante o que poden pensar os seus veciños”, sinalou onte un dos partidos da oposición.

O PSOE incluso convocou unha reunión para hoxe, na que a Executiva Local analizará a situación, ademais de abordar outros asuntos de política interna.

O alcalde tamén recoñece que é difícil lograr que os afectados por estas situacións comuniquen a súa necesidade de axuda. “De momento, nin sequera temos un perfil claro. Non sabemos se é toda xente das casas novas de Santo Antoniño, onde vemos que xa se foi algunha xente, ou de todo o municipio”, explica.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/243073-landin-anima-preferentistas-posibles-desahuciados-pedir-ayuda-concello?lang=gl

Deixar un comentario