MOCIÓN referida ao apoio aos veciños e veciñas de Barro afectados polos desafiuzamentos

Sr. Alcalde:bng barro

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, portavoz do BNG no concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN referida ao apoio aos veciños e veciñas de Barro afectados polos desafiuzamentos

 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

  1. Un dos efectos máis perversos da situación económica que estamos a sofrer é o grande número de familias que están a perder as súas vivendas ao quedar tanta xente sen traballo.
  2. A Lei hipotecaria española está feita unicamente para beneficio dos bancos, de maneira que, ademais de botar ás familias das súas casas cando non poden pagar as súas hipotecas, as débedas cos bancos siguen existindo, xa que nin PP nin PSOE cambiaro a Lei para que a débeda quedase cancelada ao entregar a vivenda.
  3. No momento actual resula totalmente inhumano boar á xente á rúa cando non paga porque non pode, mentres ao bancos se lle dá toda a axuda que precisen para superar os seus problemas económicos.
  4. Ante este problema social tan grave, as administracións públicas teñen a obriga de facer todo o que este nas súas mans para tentar axudar ás persoas afectadas polos desafiuzamentos.
  5. Unha das iniciativas que adoptaron algúns concellos foi o de chegar a acordos co colexio de avogados para que asesoren de balde ás persoas afectadas, xa que se non teñen cartos para pagar a hipoteca, menos o teñen para pagar avogados que os defendan dos bancos.
  6. Un dos concellos que asinou o acordo co colexio de avogados foi o de Pontevedra. Moitas das persoas que se achegaron a ese servizo para pedir información son veciños e veciñas do noso concello, polo que non puideron prestarlle a atención necesaria por non estar censados no concello de Pontevedra.

Por iso, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

ACORDO

  1. O concello de Barro asinará un convenio co colexio de avogados para o asesoramento e a defensa de balde dos veciños e veciñas afectados por desfiuzamentos.

Barro a 5 de abril de 2013

Deixar un comentario