Os afectados polas preferentes da plataforma de Marín-Pontevedra farán coincidir este sábado a súa manifestación co congreso provincial do PP, que reelixirá a Rafael Louzán como presidente da Deputación de Pontevedra. Desde as 10.30 horas, os membros da plataforma convocante e das do resto da provincia concentraranse en Novagalicia Banco, na praza de San José, fente ao centro social de Novacaixagalicia, onde celebra o PP o seu congreso provincial. Rafael Louzánrevalidará o seu cargo ata o 2017 ao ser o único candidato, apoiado por máis de dous mil avais.
Os afectados polas preferentes reclamaron á Deputación de Pontevedra que mediase ante a Xunta e o Goberno central para recuperar o seu diñeiro. As plataformas de toda a provincia presionaron a Rafael Louzán para conseguir o seu apoio nun peche na pazo provincial que se alargou durante toda a mañá ata conseguir o seu obxectivo. No último pleno, os deputados aprobaron unha moción de apoio ás distintas plataformas da provincia.

