O grupo de Barro, Quodlibet (Gaita Piano) presenta hoxe ´A cor do son´ no Teatro Principal

O dúo pontevedrés de gaita e piano Quodlibet presenta hoxe o seu segundo disco “A cor do son” nun concerto que terá lugar  quodlibet-presenta no Teatro Principal a partir das 21.00 horas e cuxa entrada será gratuita.

A pianista Andrea García e gaiteiro Felipe Rea apostaron por fusionar ambos instrumentos, “algo que non se ve con moita frecuencia” nun proxecto que botou a andar a finais do verán de 2011. “Empezamos coa idea de dignificar a música tradicional”, recordou Rea, quen recoñeceu que trataban “de innovar sen pechar ningunha porta”.

Pola súa banda, García explicou que nos seus inicios os espectadores non “podían imaxinar como unha gaita podía actuar xunto a un instrumento tan serio como un piano”.

Con respecto á comercialización do seu novo disco, este poderase adquirir a través da páxina web do dúo e tamén será distribuído a través do comercio local, unha iniciativa novedosa que pretende “apoiar” aos pequenos establecementos e que os clientes “que se vaian a comprar o disco lévense tamén mazás” .

Deixar un comentario