O primeiro tenente de acalde, Antón Louro, asegurou onte que o Ministerio de Fomento non ten a menor intención de
rematar durante esta lexislatura nin un só dos tramos da circunvalación de Pontevedra nin da conexión da cidade coa meseta.
O departamento de Ana Pastor afirmou, nunha contestación ás preguntas presentadas polo socialista Guillermo Meijón, que aínda non tomou decisión algunha para conectar Pontevedra coa A-52, «polo que segue a barallar tanto a A57 (polo Confurco) como a A-59 (por Peinador)». Engade que a A-57está totalmente en fase de proxectos, agás a prolongación entre Pontevedra e Barro, do que se di que está en estudo informativo, cando realmente está en fase de información público. «Só ofrecen palabras e mellores silencios», asegura Louro. Sobre a circunvalacion, o único que se dixo é que se prevén investir 20 millóns ata 2015, cando dous tramos custan 185 millóns.
