O deseño elixido por Fomento para ampliar a A-57 desdePontevedra ata o nó
de Curro non só é o máis económico de todos os estudados, senón que, ademais, é o «mellor en canto a afección aos plans municipais». E iso que as previsións dos técnicos no que se busca sexa unha alternativa real á autoestrada AP-9 pasan por construír un total de vinte e dúas estruturas nos pouco máis de dez quilómetros que mide a distancia entre Pilarteiros e o macronudo de Curro .
O estudo informativo, que xa se pode consultar tanto na demarcación de estradas de Pontevedra como no concello da capital e nos de Meis e Barro, alude a que se levantarán tres viadutos, o maior dos cales terá menos de cincuenta metros de altura e un van de cen metros de máximo. Así mesmo,prevíronse dezaseis pasos superiores -once deles sobre camiños- e tres pasos baixos, dos que dous se corresponden con ligazóns coa N-550 e estarán situados no quilómetro seis desta nova infraestrutura.
