A futura autovía A-57 entre Pontevedra e Vigo poderá absorber, unha vez
que se poña en servizo, ao redor de 25.000 vehículos diarios, o que supón aproximadamente o 30% dos 85.000 coches que a día de hoxe circulan por ese corredor a través fundamentalmente da N-550 e a Autopista do Atlántico. Estes cálculos son moi parecidos aos que o Ministerio de Fomento manexa para o último dos tramos presentados, a prolongación ao Norte da A-57 para enlazar Pontevedra e Curro (Barro), un vial de 10 quilómetros cuxo estudo informativo acaba de ser exposto ao público.
