Dende a agrupación Socialista de Barro queremos informar os veciños de que o concello de Barro a través da xunta de
goberno, ven de reconocer ata cinco sancións con varias administracións.
Mais de vinte mil euros é o montante de ditas sancións, na que destacan duas duns seis mil euros coa Xunta de Galicia e tamén outra de catro mil cincocentos, por unha sanción de Hacienda. A esto sumamos que fai un mes o equipo de goberno mercou unha finca na zona de San Antoniño por valor de seis mil euros, sen ningún tipo explicación nin proxecto para ela. Tamén recordamos que este concello leva unha velocidade de récord nos últimos tempos olvidando as veces vellas obrigas tanto propias como de empresas relacionadas co propio Concello como son as seguintes.
Sobre dez veciños de Constela e Barosa, na parroquia de Barro, teñen pendente de cobrar da administración Municipal uns case cen mil euros e mais os xuros correspondentes a varias expropiacións dende o ano 2007 , os cales non se lle da ningún tipo de resposta.
Tamén e xa non nos pilla de sorpresa o tema do mercadillo onde con esta anualidade a débeda da empresa que o xestiona é duns setenta e dous mil euros co concello e polo que se ve parece incobrable.
Despois do plan de axuste do goberno para a eliminación de débeda do concello no mes de maio do ano pasado, tivéronse que tomar medidas como subas de impostos, e reaxustar gastos, considerando que non se poderían facer certas festas e actividades, e noutros casos rebaixando os custes.
A vida neste concello pouco a pouco vaise encarecendo e vamonos situando a altura doutros concello a nivel de impostos, o que non se vai reflexando da mesma maneira no que se refire a os servicios. Cando noutros concellos veciños dispoñen de moitos servicios e incluso en algúns de luxos comparados con nós. Aínda así hai que valorar certos esforzos do concello como melloras nos vestiarios do campo de Outeiro, ou a conexión en varias zonas o alcantarillado, pero queda moito por facer en saneamento e remate de obras a medias. No caso do campo de futbol somos especie en instinción , aínda xogamos en terra , en Barro facéndolle honra o nome do concello. Dende aquí aproveitamos para esixir tamén o que é un clamor en Barro, CAMPO DE HERBA SINTETICA XAAAAA..
José Sanmartín Soto.
Portavoz Municipal PSOE-Barro