Por que esperar aos do Salnés se os bombeiros de Pontevedra están a só 500 metros?

Parque de Ribadumia: cuxa área de actuación preferente será a abranguida polos concellos de Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Ribadumia e Sanxenxo, pero que incluirá tamén os de Portas e Barro.

Por que esperar aos de O Salnés si os bombeiros de Pontevedra están a só 500LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO metros? A resposta está no novo mapa de emerxencias de Galicia.

O resultado puidose comprobar esta fin de semana no incendio dunha vivenda da Barca, en Poio. É a diferenza entre os cinco minutos que tardarían os bombeiros da capital fronte á case media hora que ocuparon aos do Salnés.

Aínda que desde a centralita do 091 chamaron ao parque alertando do incendio o novo protocolo esixe que sexa o 112 quen xestione as urxencias cando se producen fóra do término municipal.

Pola súa banda o 112 explicou que ao non haber vidas en perigo non se requiriu a intervención dos bombeiros pontevedreses por ser suficientes os recursos do Grupo de urxencias supramunicipal (GES) ao que está adscrito Poio e que ten de referencia o parque de bombeiros do Salnés .

O novo mapa de urxencias de Galicia distribúe territorialmente e por competencias aos 25 GES que o integran.

NOVAS RELACIONADAS:

Un informe interno dos Bombeiros critica a “descoordinación” no incendio de Barro

BOMBEROS

Deixar un comentario