Ademais de ser unha das sorpresas da semana, a vitoria do Marín converteuse
no resultado máis abultado do pasado sábado. O conxunto morracense, antepenúltimo clasificado, superou por un contundente 0-7 ao Barro Restaurante Florita e aférrase ás súas posibilidades de permanencia. Os marinenses non vencían un encontro desde a décima oitava xornada.
