Un condutor pontevedrés protagonizou unha rocambolesca fuxida durante varios kilómestros. Fuxiu dun control de
tráfico da Garda Civil, meteuse por estradas secundarias, foi parar a outro municipio, puxo en perigo outros coches, golpeou as patrullas que o perseguían e encaixouse nunha taxea esnaquizando o coche. El acabou dando positivo en consumo de drogas e declarando no xulgado en calidade de detido.
Os feitos aconteceron na mañá do xoves 14 de febreiro entre Campañó, no termo municipal de Pontevedra, e Barro. Tras
ser arrestado, o condutor, que ten antecedentes policiais, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Caldas de Reis, quedando en liberdade con cargos.
O protagonista é M.B.G., de 50 anos e veciño de Valga, e foi detido por axentes do subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra detivo como suposto autor dun delito contra a seguridade vial (conducir de forma manifestamente temeraria), outro de danos e por desobediencia a axentes da autoridade.
Axentes de Tráfico estaban a realizar un control na estrada PO-531, que une Pontevedra e Baión, á altura da parroquia pontevedresa de Campañó e ordenaron que se detivese o condutor dun turismo marca Renault, pero este desobedeceu a orde e fuxiu.
Na súa fuxida realizou unha condución manifestamente temeraria poñendo en grave perigo a outros condutores e golpeando, intencionadamente, o seu turismo contra os dous vehículos policiais que trataban de obrigalo a deter a marcha, causando danos nos devanditos vehículos.
Meteuse unha estrada secundaria e foi parar á N-550 Pontevedra-Santiago de Compostela. Á altura do termo municipal de Barro, perdeu o control e o seu vehículo foi parar a unha tajea,resultando o coche con importantes danos e ileso o chofer e único ocupante. Tras ser detido, botou resultado positivo na proba de detección de drogas.