A Lei Wert: Unha Lei para privatizar o ensino

Galiza Nova: Galiza Nova vén de criar hai poucos días unha localidade galiza 1conxunta entre Barro, Caldas e Moraña. Esta unión ten a bontade de estabelecer lazos entre o nacionalismo xuvenil destes tres concellos, dada a súa proximidade, para traballar en conxunto. Apenas fixeron falta uns días para vermos mostras do seu traballo, xa que esta semana nas proximidades do IES de Barro  e do Instituto Aquis Celenis de Caldas de Reis figuran unhas estrazas onde se poden ler frases como “o ensino é un dereito, non un privilexio” , “queremos unha educación que nos axude a pensar e que non nos ensine a obeceder”  ou “Non á LOMCE”. 

Este venres organizarán unha charla na Casa da cultura Afonso Daniel galiza 2 Rodríguez Castelao, en Moraña. Na charla abordarase a polémica reforma educativa, a chamada Lei Wert. O Responsábel local Diego Oliveira representará a Galiza Nova, mentres que Duarte Correa fará o propio coa CIG-Ensino. No acto tamén intervirán estudantes para dar o seu punto de vista.

Galiza Nova fai un chamamento á asistencia a dito acto a tod@s @s pais e nais e tamén ao alumnado, pois tilda a situación de moi grave, xa que esta lei “pretende, entre outras cuestións, rematar co carácter público e gratuíto do ensino, reforzar os concertos privados e reducir á mínima expresión o noso idioma nas distintas etapas educativas.”

galiza 3

Deixar un comentario