O 15 de febreiro foi declarado como o Día Internacional do Cancro Infantil en
Luxemburgo no ano 2001. A conmemoración deste Día ten como obxectivo principal sensibilizar e concienciar á comunidade respecto da importancia da problemática do cancro infantil e da necesidade de que todos os nenos en todas partes do mundo poidan acceder ao diagnóstico e tratamento adecuado.
En 98 países, 151 Organizacións de Axuda a Nenos con Cancro, membros da Confederación Internacional de Organizacións de Pais de Nenos con Cancro (ICCCPO), realizan durante todo o mes de febreiro, campañas en favor do melloramento das condicións nos seus países.
A través da ICCCPO, nun traballo estreito coa Sociedade Internacional de
Oncología Pediátrica (SIOP), pais de todo o mundo únense nunha causa común: axudar aos nenos con cancro a acceder ao mellor tratamento posible coas mellores condicións de soporte e coidado, coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos nenos con cancro.
Os nenos con cancro necesitan toda a axuda posible. As súas voces e as das súas familias merecen ser escoitados
