O plan provincial para consorciar a xestión do tratamento de residuos pode saír caro aos veciños dunha trintena de
municipios. Concretamente 29 dos municipios que son potenciais usuarios -todos os da provincia excepto, en principio, Vigo e Pontevedra– cobran actualmente unha taxa inferior a 60 euros anuais, que é o prezo que fixará o consorcio. O que ten a taxa máis baixa actualmente é Arbo, que cobra polo servizo 15 euros anuais.
Hai outros 26 municipios que, pola contra, terían que rebaixar o que cobran actualmente aos seus veciños, xa que a taxa supera eses 60 euros ao ano. Poio, con 108,56 euros anuais, é o que ten a taxa máis cara.
E hai catro máis Barro, A Lama, Forcarei e Salcedo- que axustaron recentemente as súas respectivas taxas ao prezo que contempla a Deputación, 60 euros ao ano.
Moratoria ata o 2016
En calquera caso os municipios que se adhiran aomesmo t endrán unha moratoria para axustar as súas taxas ao prezo fixado. Concretamente, ata o ano 2016. A intención da Deputación Provincial é implantar o sistema de xestión conxunta de recollida de residuos este mesmo ano. Concretamente, antes do mes de xullo. Son ao redor de 30 os municipios que participarán nun primeiro momento no consorcio provincial de lixos.
Ademais, hai que sinalar que o sistema aprobado contempla que sexan os propios Concellos os que fagan de avalistas da recadación prevista. É dicir, que se fará unha cálculo previo que o que terá que achegar cada municipio -en función do número de usuarios do sistema, é dicir, de vivendas-, e no caso de que haxa morosidade terá que ser o propio Concello afectado o que pague a parte correspondente. Polo tanto, se o consorcio non recada o previsto en cada municipio, será a Administración local a que responda achegando a parte que falta. Iso si, cada municipio terá liberdade para establecer a periodicidade do cobro, podendo dividir eses 60 euros en 12, 6, 4 ou 2 pagamentos.
Por outra banda, moitos dos municipios da provincia manteñen un dobre cobro: unha tarifa para os núcleos urbanos e outra, xeralmente máis baixa, para as vivendas rurais. Esta dobre rapadoira, en principio, desaparecerá coa xestión única. A armonización de taxas entre municipios -agora con diferenzas de ata 93 euros entre o que máis cobra e o que menos ( Poio e Arbo)- podería tamén afectar aos recibos urbanos e rurais.
Os Concellos farán de avalistas: responderán polos seus veciños morosos
O PP SUBE OS IMPOSTOS EN BARRO SEN NINGÚN ESTUDO ECONÓMICO
http://noticiasbarro.com/2011/11/16/o-pp-sube-os-impostos-en-barro-sen-ningun-estudo-economico/
