Un técnico da Xunta de Galicia, especialista en certificación forestal, e o presidente da asociación galega de comunidades de montes ofrecen esta noite unha charla en Curro (Barro) para as comunidades de montes de Ou Castrove. O obxectivo do encontro é explicar como se pode obter o selo FSC, que certifica a produción de madeira con criterios ambientais sostenibles. Trátase dunha marca que algunhas grandes empresas xa incorporan aos seus produtos, co que o feito de tela podería aportar beneficios aos donos do monte. A reunión é ás 20,30 horas, na sé da comunidade de montes, e tamén se falará de como afecta a nova lei autonómica ás comunidades.

