A forte colisión entre dous vehículos á altura da gasolineira de Curro deixou esta tarde tres feridos, un deles un neno, que viaxaba na sillita. Ao aprecer o condutor do BMW perdeu o control do coche e despois de dar dous trompos encaixouse contra un Peugot 306, no que viaxaban unha muller e o menor. Aínda que nun prinicpio parecía que estaban atrapados no interior dos vehículos, non fixo falta a intervención dos Bombeiros para sacalos. O BMW conducía en dirección de Pontevedra a Vilagarcía pola PO-531 cando se encaixou no lateral do Peugot 306. O condutor do BMW, C.T.T., está ingresado en observación na UCI do Hospital Dominguez, con politraumatismos, e a muller que conducía o Peugot 306, C.A.S., está en planta do mesmo hospital cun traumatismo torácico. O menor foi trasladado nunha ambulancia medicalizada a Santiago.
