Saben que o 80% dos españois que se conectan a Internet fano para
usar as redes sociais. Dio un estudo sobre o uso as ferramentas de comunicación na Rede que se publicou este mesmo mes de xaneiro. Pois sobre isto debeu reflexionar o alcalde de Barro, José Antonio Landín Eirín, que acaba de desembarcar en Facebook, aínda que sexa a través dunha conta institucional. O que di no perfil é aquilo de que primou nesta decisión «ou afán de manter a proximidade con todos vós (vós son os veciños)» e ao mesmo tempo adaptarse ao uso das novas tecnoloxías. En definitiva, os habitantes de Barro teñen un novo medio polo que dirixirse ao alcalde, dous en realidade, dado que tamén abriu unha conta de correo electrónico para que os veciños envíen suxestións, peticións, queixas (o de queixas, é da miña colleita e sen afán de animar a ninguén nisto último, que conste). Tomen nota si son do municipio, concellodebarro@gmail.com. Iso si, con respecto a Facebook advírtolles que
Landín deixa claro que só se aceptarán as peticións de amizades de persoas físicas debidamente identificadas «para garantir a seriedade deste novo medio que poñemos ó voso dispor isto é, para que a cousa non acabe en desmadre. E falando de alcaldes, ao de Vilagarcía, Tomás Fole, botáronlle de menos o mércores na manifestación dos traballadores da conservera Cuca. Ai, alcalde… Iso si, tamén hai que dicir que estes días andaba preocupado pola operación dun oído á que someteron ao seu fillo. A cousa foi ben e o papá respirou aliviado, do que nos alegramos, todo sexa dito de paso.
usar as redes sociais. Dio un estudo sobre o uso as ferramentas de comunicación na Rede que se publicou este mesmo mes de xaneiro. Pois sobre isto debeu reflexionar o alcalde de Barro, José Antonio Landín Eirín, que acaba de desembarcar en Facebook, aínda que sexa a través dunha conta institucional. O que di no perfil é aquilo de que primou nesta decisión «ou afán de manter a proximidade con todos vós (vós son os veciños)» e ao mesmo tempo adaptarse ao uso das novas tecnoloxías. En definitiva, os habitantes de Barro teñen un novo medio polo que dirixirse ao alcalde, dous en realidade, dado que tamén abriu unha conta de correo electrónico para que os veciños envíen suxestións, peticións, queixas (o de queixas, é da miña colleita e sen afán de animar a ninguén nisto último, que conste). Tomen nota si son do municipio, concellodebarro@gmail.com. Iso si, con respecto a Facebook advírtolles que
Landín deixa claro que só se aceptarán as peticións de amizades de persoas físicas debidamente identificadas «para garantir a seriedade deste novo medio que poñemos ó voso dispor isto é, para que a cousa non acabe en desmadre. E falando de alcaldes, ao de Vilagarcía, Tomás Fole, botáronlle de menos o mércores na manifestación dos traballadores da conservera Cuca. Ai, alcalde… Iso si, tamén hai que dicir que estes días andaba preocupado pola operación dun oído á que someteron ao seu fillo. A cousa foi ben e o papá respirou aliviado, do que nos alegramos, todo sexa dito de paso.Finalmente, quero contarlles un cotilleo máis. Moito se rumoreó estes días en Pontevedra achega de que Amancio Ortega comprara o local da antiga cafetería Sweet House. Pero direilles que a cousa non pasa de rumor.
