As fortes granizadas que caeron onte xeraron problemas de tráfico tamén en diferentes puntos da provincia. O máis rechamante produciuse en Barro, onde sete coches, segundo os primeiros avisos e cinco segundo a Benemérita, víronse implicados nunha colisión múltiple na AP-9. Unha persoa resultou ferida e o resto dos condutores quedáronse “atrapados” no choque en cadea, que se orixinou no quilómetro 112 da autopista en sentido Santiago.
Un dos vehículos implicados era un camión que circulaba con mercancía perigosa, aínda que non a vertió e, tras ser sinalizado debidamente, foi retirado sen problemas. A persoa ferida foi derivada ao Hospital Miguel Domínguez.