LANDIN+FACEBOOK=¡….!

D. José Antonio Landín Eirín pon en coñecemento de tódol@s veciñ@s do landin-31Concello de Barro que este Organismo no seu afán de manter a proximidade con todos vós e o mesmo tempo adaptarse ó uso das novas tecnoloxías pon o voso servizo unha nova canle de información sobre o que acontece no noso municipio.

Deste xeito dámosvos a venvida ó Facebook, e aproveitamos a ocasión para facervos coñecedores de que tendes a vosa disposición unha nova conta de correo (concellodebarro@gmail.com) a través da que podedes transmitir as vosas inquedanzas para que entre todos fagamos de Barro un lugar mellor para vivir.

Decirvos tamén que soamente se aceptarán as peticións de amizade de aquelespp perfís que correspondan a persoas físicas, e nos cales a información que se aportan non dea lugar a dúbidas. Todo elo faise para garantir a seriedade deste novo medio que poñemos ó voso dispor.

Aproveito a ocasión para agradecervos de antemán as vosas suxerencias, co meu máis sinxelo compromiso de analizalas, unha por unha, e actuar na medida das miñas competencias no que nos sexa posible.

landin omix

One thought on “LANDIN+FACEBOOK=¡….!

Deixar un comentario