Máis e máis fútbol

TORNEO PREBENJAMÍN E BABY DE POIO . Tralo torneo de Salcedo, chega este campionato enmarcado no circuíto de competicións escolares.

O Torneo Prebenjamín e Baby de Poio continúa co seu espectáculo futbolístico unha xornada máis.

Na categoría prebenjamín esta dirimindo unha dura batalla entre os tres primeiros clasificados. O Porteiro 2000 A, que lidera a táboa, ten doce puntos, os mesmos que o Sagrado Corazón, que é segundo.
Séguelles moi de cerca o Porteiro 2000 B con nove puntos grazas á vitoria que colleitou esta xornada ante o conxunto organizador, o ED Poio.
Destacar o gran encontro que se viviu entre o o Sagrado C e Porteiro 2000 C, que finalizou cun axustado 4-3, aínda que o xusto fose o empate entre os dous conxuntos visto o visto na cancha.
*BIBERÓN. Como xa saben, nesta categoría os partidos divídense en dúas metades das cales sae o resultado final, é dicir, o equipo que se impoña nunha parte ten un marcador de 2-0, si imponse nas dúas partes o marcador será de 4-0 e si empatan o resultado repártese 1-1.
Por este motivo o Barro impúxose 4-0 a Verdugo B, é dicir gañou as dúas metades que disputou no encontro.
O encontro máis igualado desta categoría foi o ED Poio 1-3 Salcedo, no que os locais e organizadores do torneo empataron unha mita e perderon outra.
A próxima xornada será de infarto xa que se enfrontan o primeiro da táboa, Porteiro 2000, e o terceiro, o Verdugo A.
Esta circunstancia pode favorecer ao ED Poio xa que se atopa no medio dos dous e calquera resultado seríalle positivo, abrigo a derrota do Porteiro 2000.

Os afeccionados puideron gozar das filigranas, goles, paradas e sorrisos destes pequenos futbolistas, que unha vez máis demostraron que nisto do balompe o tamaño non é nada relevante.

barro prebenjamin

Deixar un comentario