I LIGA AMATEUR DE TENIS DE BARRO

Asociación Cultural Terras de Curro:Informamos que dende este luns dia catorce de xaneiro, comezará a I LIGA AMATEUR DE  TENIS DE BARRO e que  durará ata o mes maio. Os partidos serán todos os dias pola  semana de nove da noite a once e os venres ata as doce, os domingos xogarase dende as nove da mañá ata as duas do serán. Todos os partidos xogaranse nas pistas de Curro. A liga componse de dous grupos de dezaseis xogadores cada un, e o seu remate haberá gañadores dos grupos , ascensos e un gañador final que sairá dun torneo play off ó remate da competición regular.  A organización desta liga corre a cargo da asociación cultural Terras  de Curro e na que colabora a recén creada asociación cultural deportiva “ tenisBarro “.  Os xogadores estarán completamente informados a través dunha páxina que creamos para dita competición. Agradecemos a máxima  colaboración da Comunidade de Montes de Curro, por deixar facer dita competición nas suas instalaccións e tamén a todos os xogadores pola sua participación. O único que pedimos será deportividade e compañerismo, sendo esas as normas principais do torneo.

Asociación Cultural Terras de Curro.

terras de curro

Deixar un comentario