Os accidentes de tráfico máis destacados da xornada de onte producíronse en Barro e en Caldas. No primeiro caso houbo
feridos. Ocorreu na autopista AP-9 ao chocar un turismo e unha furgoneta a primeira hora da tarde. Acudiron a Garda Civil e o 061. No segundo caso tratouse do atropelo dun jabalí na estrada N-550. Non hai constancia de que se rexistrasen feridos, aínda que o condutor si denunciou o sinistro ante a Benemérita.