Na reunión da Xunta Directiva celebrada en datas recentes no local social da AC Amigos da Fervenza de Barosa, dentro dos distintos puntos da orde do día figuraba a elección do gañador/a do Barro de Tapas, 1ª Edición. EXTRACTO DA ACTA: En presencia dos membros da directiva, e de dúas persoas presente axenas á mesma, procedeuse á elección dos boletos gañadores quedando desta maneira: Gañadora: María Ana Rodríguez González. Barro(Pontevedra) 1er Reserva: Cristina Touriño Guerra. Cuntis(Pontevedra) 2º Reserva: José Sanmartín Soto. Barro (Pontevedra) Este será a orde para recoller o premio, no caso de renuncia da gañadora. O premio estará suxeito ás condicións de entrega que marcará a AC Amigos da Fervenza da Barosa, en canto a cesión de tódolos dereitos de imaxe e explotación do mesmo e cantas accións de marketing considere oportunas a AC, que figurarán nun documento por escrito que se entregará co premio. A non aceptación das mesmas suporá a renuncia automática ao mesmo, pasando ao seguinte reserva. Da fé a Secretaria da AC, Begoña Mira González. VB, Mónica Cons, Presidenta AC 