Sospeitan que mataron a unha egua ao intentar roubala

Uns cazadores acharon o cadáver en Campodeira

A Asociación Cabalar Monte Acibal denunciou onte a aparición dunha egua cabalo 2morta no monte de Campodeira. Foi no mesmo lugar onde se achou a principios do mes de novembro unha vaca sen os cuartos traseiros, aparentemente cortados cunha rebarbadora, logo de dispararlle en dúas ocasións, para roubar a carne. O caso foi investigado pola Garda Civil.

A orixe do suceso non está claro e distintas versións achacan o ocorrido a un ataque de lobos ou á acción humana.
Foron uns cazadores que se atopaban pola zona o día de Nadal quen fixeron o macabro achado, segundo explicou Eligio García López, representante da Asociación Cabalar Monte Acibal para Verducido (Pontevedra). A egua estaba media comida polos lobos.
ATAQUE. No entanto, García López sospeita de que a morte do equino non se debeu a un ataque dos lobos. «Penso que non foi así, senón que a quixeron cargar nun camión e desnucouse ou lle pasou algo», xa que a egua é nova e forte como para deixarse atrapar por lobos, apunta, aínda que posteriormente as alimañas deron boa conta do animal.
«Hai varias versións. Está comida polo lobo, pero non foi atacada na gorxa», engadiu. Na tarde de onte aínda non dera parte do suceso ao Seprona, aínda que a asociación espera que os restos sexan recollidos canto antes para evitar malos cheiros.

Luís Calvo, presidente do colectivo, coincide con García López en que a acción humana pode estar detrás do ocorrido. «Ou animal era nove e forte e parece difícil que fora atacado polo lobo, pero sempre pódese esperar isto».

cabalo 1

Deixar un comentario