Os Güimil da zona do Salnés e arredores proceden dun lugar chamado así na
freguesía de Curro, no concello de Barro. Se ollamos na guía telefónica da provincia de Pontevedra atopamos 30 abonados: 6 persoas con este apelido en Meis, 14 en Barro e o resto entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.
En Meis houbo liñaxes con este apelido con casas solarengas na parroquia de Nogueira, concretamente nos Pazos de Caticovas e no desaparecido, hai moitos anos, Pazo de Paiendes.
A xenealoxia dos Güimil do Pazo de Caticovas é a que segue:
Bartolomeu Güimil de Caamaño inicia a liñaxe a finais do século XVI e casou con Teresa de Abad. Presumibelmente, veciños de Curro (Barro).
O seu fillo Pedro de Güimil de Caamaño casaría con Agueda Canay Pérez e Rivas. Deste matrimonio nacería Antonio de Güimil de Caamaño Canay e Rivas que casou con Magdalena Buceta Paadín (filla de Pablo Buceta Paadin e de Gregoria de Outeda e Caamaño), natural de Santo Tomé de Nogueira, o 23 de Xuño de 1658.
