Só queda unha (vaca leiteira)

Segundo os datos da Xunta de Galicia, en Barro no ano 2011 só quedaba unha vaca vaca concello de barroleiteira.
Achegándonos a finais do 2012 non sabemos se aínda este exemplar deste animal tan querido en Galicia (xa que mitos galegos comeron a conta delas) aínda reside en Barro, estaría ben saber onde pace.
O que esta claro é que se todavia está entre nós, seguramete quédelle pouco por asustar as moscas co seu rabo, é unha das causas as políticas actuais do goberno que temos.
Ao final hai que darlle a razón ao Sr. Alcalde cando dixo:  “vou a crear empregos industriais para cambiar a socioloxía deste municipio caraterizado polo malvivir con traballos de campo e por empregos limpando casas”.
Ou, o que dixo o promotor da feira de Barro no seu dia: “xeramos riqueza para o municipio, un pobo deprimido de persoas”.
Escoitando estas frases do Sr. Alcalde e do Sr. Sinaí, pensamos “para que queremos vacas”.

Pero quen sabe!, tal como van as cousas (425 parados en Barro no mes de outubro) igual chega a hora de volver a mercar unha.

Grazas ao http://dendeoconfesionario.org/  por aportar na súa páxina datos tan interesantes.

vacas en Barro

Deixar un comentario