Publicada a Declaración de Impacto do parque eólico de Acibal

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou na súa edición de onte unha NORVENTO resolución da Consellería de Economía e Industria pola que se somete a información pública a Declaración de Impacto Ambiental do parque eólico de Acibal. A infraestrutura abarcará terreos dos municipios de Barro, Moraña e Campo Lameiro e está promovida por Norvento S.L.
A Declaración de Impacto Ambiental, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do pasado 15 de outubro, pode consultarse na páxina web do departamento da Xunta, así como nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería, situadas en San Caetano (Santiago), no cuarto piso, bloque 5.O parque eólico afecta a máis de 120.000 metros cadrados de monte. A totalidade dos terreos pertencen a comunidades de montes. A promotora ten previsto instalar catro aeroxeradores cunha potencia nominal de 3000 kw e unha produción neta estimada de 33.802 MWh ao ano. O investimento (incluíndo expropiacións e a subestación de transformación da enerxía) elévase a 15,4 millóns de euros.

One thought on “Publicada a Declaración de Impacto do parque eólico de Acibal

Deixar un comentario