Minifutbolistas en Poio

Un ano máis, o torneo prebenjamín e baby do concello de Poio volve disputarse cos máis pequenos como protagonistas e un público entregado a eles.
Nesta edición participan na categoría prebenjamín os equipos: Porteiro 2000 A, Salcedo, Porteiro 2000 B, Sacro Corazón A, Porteiro 2000 C, ED Poio, A Reiboa, Sacro Corazón B, Barro e Sacro Corazón C.Na categoría baby, os equipos que disputan o torneo son: ED Poio, Porteiro 2000, Salcedo, Verdugo A, A Reiboa, Verdugo B, Barro, Soutomaior e Monte Porreiro. PRIMEIRA XORNADA. Na primeira xornada houbo unha gran cantidade de goles e grandes xogadas. Os partidos máis disputados foron o ED Poio-Sacro A de prebenjamines e o Verdugo A-Verdugo B de categoría baby.
No primeiro púidose ver unha gran disputa polo control do balón no que os locais dérono todo para igualar a contenda, pero finalmente foi o conxunto visitante o que levou a vitoria por 1-2.O encontro de categoría baby foi un claro exemplo de fútbol de ataque no que os dous conxuntos dérono todo por desfacer a igualada, e a pesar dos catro goles que se viron no encontro o marcador final foi un empate que deixou contentos aos dous contendentes.

Tras esta xornada a táboa de prebenjamines queda liderada polo Porteiro 2000 A seguido polo Salcedo. En categoría baby, a que saca máis aplausos do público pola súa curta idade, queda liderada polo ED Poio seguido polo Porteiro 2000.

Na próxima xornada disputaranse emocionantes encontros como os vistos nesta.

prebenjamin

Deixar un comentario